img
 

Becerrea

 

 

CONCELLO:

Pulsar para ir a la ruta

Pulsar para ir al concello

Situado na montaña lucense, Becerreá presenta unha orografía moi accidentada, enmarcada dentro do conxunto de Serras Orientais de Galicia, o seu escarpado relevo caracterízase pola súa versatilidade.

Limita ao norte cos concellos de Baleira e Navia de Suarna, ao sur con As Nogais e Triacastela, ao leste con Cervantes e ao oeste con Baralla e Láncara.

A Comarca dos Ancares sitúase no sector oriental da provincia de Lugo constituíndo, xunto ás veciñas comarcas da Fonsagrada e Quiroga, a alta montaña lucense.

Forma parte do que podería considerarse unha grande comarca natural de carácter interrexional: Galicia, León e Asturias, cunhas peculiaridades naturais e etnográficas que a distinguen perfectamente das áreas adxacentes que son a Serra do Courel, a Depresión de Sarria e a Comarca da Fonsagrada.

Algunhas fontes sitúan en Becerreá o pobo prerromano dos Zoelas, situando a súa capital na actual Oselle (Ocellum Galaicorum). O liño zoélico gozaba de gran renome en Roma, empregándose tanto para confección de roupa como para curación de feridas.

O Concello de Becerreá ten unha superficie de 172,1 km²; a poboación está basicamente concentrada en Becerreá , capital municipal, que conta cunha superficie territorial de 3,1 km².

O eixo de comunicación máis importante é a autovía A-6 Madrid-A Coruña, que atravesa o concello de leste a oeste e dalle unha valiosa accesibilidade a Lugo capital, da que dista 44 km.

FESTAS E FEIRAS:

FEIRA-MERCADO DE GANDO E MERCADILLO : Días 3 e 19 de cada mes.

FESTAS PARROQUIALES:

FESTAS DO MES DE XUÑO: Día 13 San Antonio en Eixibrón.
Días 23 y 24 San Xoán de Becerreá.

FESTAS DO MES DE XULLO : Día 13 Virxe do Carme en Fontarón.
Día 25 Festa de Santiago en Nantín.

FESTAS DO MES DE AGOSTO: Festa Popular en Restelo.
Festa da Virxe das Dores en Fonte do Lobo.
Día 13 Festa Popular en Cruzul.
Día 15 Nosa Señora de Ferreirós en Valboa.
Día 15 Nosa Señora en Cascallá.
2º sábado de agosto Festa da Becerra e do Turista en Becerreá.

FESTAS DO MES DE SETEMBRO: Día 10 Festa da Virxe dos Remedios.
Días 13 y 14 Festa do Santo Ecce Homo.

FESTAS DO MES DE NOVEMBRO: 1º sábado Magosto.

FESTAS DO MES DE DECEMBRO: Día 7 Exaltación de productos do mar na montaña lucense: mexillón.